Envíos e devolucións

 

Gastos de envío

Envío gratuíto para entregas a toda a Península e de 14,95€ IVE para Canarias, Baleares, Ceuta e Melilla.

Entrega máximo 2 días laborables en Península e 3 días a Canarias, Baleares, Ceuta e Melilla dende a confirmación do envío.

Se durante a entrega do paquete o cliente atópase ausente e, tras chamalo e confirmar que está ausente, o paquete trasladarase ó punto de recollida máis próximo ó domicilio. Enviarase unha notificación para que o cliente poda recollelo no horario que mellor se adapte ás súas necesidades.

Se no prazo dun mes o cliente non recolle o pedido, este será devolto.

LÓSTREGO non se fai cargo dos impostos de aduanas.

 Punto de recollida en Cangas do Morrazo.

 

Cambios e devolucións

 Podes cambiar e devolver a túa cunca ou camisola nun prazo máximo de 30 días dende a data de compra do produto (sempre que estea en boas condicións e non estea usada ou modificada).

As fundas para smartphone non se poderán devolver ao estar feitas para un modelo de teléfono en concreto.

Os custes do envío para a devolución ou cambio correrá a conta do cliente salvo que o produto chegase danado ou deteriorado por responsabilidade de Lóstrego.

Efectuaremos os cambios que precises, pero non devolvemos os cartos. Sempre podes escoller outro artigo na nosa web.

Para efectuar un cambio ou devolución escríbenos a info@lostrego.gal solicitándoo. Especifica o número de pedido e os artigos a cambiar, no caso dunha devolución por mal estado ao recibilo tamén terás que adxuntarnos unha imaxe.

Loading...
0
    0
    O teu carriño
    O teu carriño está baleiroVoltar á tenda
    Necesitas axuda?