• -9,00 €
Camiseta negra cun deseño inspirado na icónica banda punk, pero cun toque galego e nomes tradicionais.
search
  • Camiseta negra cun deseño inspirado na icónica banda punk, pero cun toque galego e nomes tradicionais.
  • Deseño inspirado na mítica banda punk, cun escudo adaptado ao estilo galego e nomes populares.
  • Camiseta negra con deseño punk de escudo galego e nomes populares.
  • Camiseta negra con deseño inspirado no punk rock e nomes galegos icónicos.

MONCHOS - Camiseta de manga curta unisex - Negra

18,90 €
9,90 € Aforras 9,00 €
IVA incluido

Se o rock ten un himno, a retranca galega tamén! A mítica estética dos Ramones recibe un bo baño de identidade galega con esta camiseta “Monchos”. No canto de Joey, Johnny e Dee Dee, aquí mandan Lolo, Sito, Paco, Pepe e Tucho, a banda definitiva para todo amante da cultura galega e do rock & roll. Unha camiseta que berra “Hey! Ho! Imos aló!”

Cor: Negra
Tallaxe: L
Cantidade
Últimos artigos en stock

Se pensabas que Galicia non tiña a súa propia banda de rock icónica... estabas moi equivocado! Presentamos aos Monchos, os verdadeiros reis do escenario, os que sempre teñen un chiste no furancho e que son capaces de tocar un solo de guitarra cunha cunca de viño na man.

Inspirada no mítico logo dos Ramones, esta camiseta é unha homenaxe ao espírito rebelde do rock, pero con nomes ben coñecidos en Galicia. Porque non fai falta chamarse Johnny ou Joey para facer historia… con Lolo, Sito, Paco, Pepe e Tucho xa temos de sobra para un festival enteiro.

CARACTERÍSTICAS DESTACADAS:

  • Deseño orixinal: A estética clásica do punk-rock con nomes típicos galegos, porque aquí o rock tamén ten retranca.
  • Material de calidade: 100% algodón, suave, cómodo e perfecto para o día a día.
  • Versatilidade: Camiseta unisex dispoñible en tallas S, M, L, XL e XXL. Se precisas outra talla, avísanos!
  • Impresión duradeira: Estampado de alta calidade para que os “Monchos” sigan reinando no teu armario tras moitos lavados.

POR QUE ESCOLLER A CAMISETA "Monchos"?

Esta prenda é máis que unha simple camiseta; é un símbolo do amor polo rock, a retranca e os nomes máis míticos da nosa terra. Perfecta para regalar ou para levar con orgullo, xa sexa no festival de Ortigueira ou no bar de sempre, discutindo cal foi o mellor concerto que viches na túa vida.

RECOMENDACIÓNS DE USO:

  • Combínaa con: Vaqueiros, chaqueta de coiro e mesmo un bo chándal, que os Monchos non xulgan a ninguén.
  • Ocacións: Perfecta para concertos, festivais, furanchos e calquera plan onde haxa boa música e mellor compañía.

COIDADO DA PRENDA:

  • Lavado: A máquina a un máximo de 40ºC, sempre do revés para protexer o estampado. Sen lixivia nin branqueador, que os Monchos non perdoan traizóns.
  • Secado: Ao aire libre, como sempre. A secadora non é rock & roll.
  • Pasado a ferro: Se fai falta, a temperatura media (150ºC) e evitando o estampado, que Lolo, Sito e compañía teñen que seguir ben nítidos.

PRODUTOS RELACIONADOS:

FAQs (Fai Ahí Que sabes...)

O estampado aguanta os lavados ou bórrase máis rápido ca memoria despois dun furancho?

Tranquilo, que isto aguanta máis ca os Ramones de xira. Lávaa do revés e seguirá igual de cañeira como o primeiro día.

Pódese usar para tocar a guitarra ou só para o postureo?

Se os Ramones tocaron temas enteiros con tres acordes, podes poñela e intentalo sen medo. Se soa mal, culpa da guitarra, non da camiseta.

Necesito chamame Lolo, Sito ou Paco para levala con dignidade?

Non fai falta, pero se coñeces a alguén con eses nomes, que saiba que ten un legado rockeiro que manter.

É compatible con saltar como un tolo mentres soa “Blitzkrieg Bop”?

100%. De feito, se non o fas, a camiseta pode sentirse decepcionada contigo.

CAMI-MONCHOS

Ficha Técnica

Composition
100% algodón
Densidade
165 g/m²
Tipo de punto
Punto liso
Estampaxe
DTF