• -9,00 €
Camiseta negra con deseño "BICO" en tipografía retro con cores cálidas.
search
  • Camiseta negra con deseño "BICO" en tipografía retro con cores cálidas.
  • Primeiro plano do deseño "BICO" con tipografía retro en degradado vermello e amarelo sobre fondo negro.
  • Camiseta negra co deseño "BICO" en tipografía retro con degradado en vermello e amarelo no peito.
  • Camiseta negra co deseño "BICO" en tipografía retro, con degradado de vermello a amarelo no centro.

BICO - Camiseta de manga curta unisex - Negra

18,90 €
9,90 € Aforras 9,00 €
IVA incluido

Se Kiss puxo o rock na historia, nós poñémoslle a retranca! A camiseta “Bico” é a versión galega do mítico logo da banda, porque aquí tamén sabemos facer a sinal dos corniños e dar o mellor espectáculo. Se es dos que sempre soñou con pintar a cara e sacar a lingua como Gene Simmons, pero a túa nai non che deixaba, esta é a túa oportunidade de rockear con estilo... e con orgullo galego!

Cor: Negra
Tallaxe: XL
Cantidade
Últimos artigos en stock

Gústache o rock, pero máis che gustan os bicos? Pois esta camiseta é para ti! Inspirada no icónico logo de Kiss, pero traducido á nosa lingua con moito amor e moita retranca. Porque aquí en Galicia, en vez de ir repartindo Kiss, mellor dar Bicos e deixar claro que o rock tamén se fala en galego.

Unha homenaxe á música, á nosa cultura e a todos os que saben que o heavy metal e o humor galego combinan mellor que un bo chourizo con pan de millo.

CARACTERÍSTICAS DESTACADAS:

  • Deseño orixinal: O mítico logo de Kiss adaptado a Galicia con “Bico”.
  • Material de calidade: 100% algodón, suave, cómodo e listo para sobrevivir a calquera festival ou noite de troula.
  • Versatilidade: Camiseta unisex dispoñible en tallas S, M, L, XL e XXL. Se precisas outra talla, avísanos!
  • Impresión duradeira: Estampado de alta calidade para que o rock non se esvaia nin despois de 100 lavados.

POR QUE ESCOLLER A CAMISETA "Bico"?

Porque non hai mellor forma de demostrar que es rockeiro e galego ao mesmo tempo. Perfecta para festivais, concertos, furanchos ou simplemente para mandar unha mensaxe clara: rock si, pero sempre con humor e con bicos.

RECOMENDACIÓNS DE USO:

  • Combínaa con: Vaqueiros rotos, unha chupa de coiro ou un pano na cabeza estilo rockstar. Se queres ir de andar por casa, tamén vale co pixama.
  • Ocacións: Ideal para festivais, concertos, festas ou para facer un air guitar no salón da túa casa.

COIDADO DA PRENDA:

  • Lavado: A máquina a un máximo de 40ºC, do revés para protexer o estampado. Sen lixivia nin branqueador, que iso non é rockeiro.
  • Secado: Ao aire libre. Como facían as nosas avoas, nada de secadora.
  • Pasado a ferro: Se fai falta, a temperatura media (150ºC) e evitando o estampado, que os bicos non se borren.

Non perdas a oportunidade de engadir esta camiseta exclusiva á túa colección ou sorprender a alguén especial cun agasallo que combina música, humor e estilo.

FAQs (Fai Ahí Que sabes...)

Se a levo posta, comezarei a recibir máis bicos?

Depende. Se a levas ben posta e con actitude rockeira, hai posibilidades.

Esta camiseta está aprobada por Gene Simmons?

Non temos confirmación oficial, pero se descobre que “bico” significa “kiss”, igual faise fan do galego.

Que pasa se a miña avoa me ve con ela?

Se é fan do rock, pode que che pida unha igual. Se non, igual che solta un “anda, vaite peinar”.

Podo poñela co chándal e seguir sendo rockeiro?

Os tempos cambiaron, meu. O importante é a actitude. E que o chándal non sexa demasiado de ir ao súper.

E se me cruzo con alguén que leva a mesma?

Facede contacto visual, levantade os corniños rockeiros. Se o facedes os dous, é MATCH, isto é máis doado que o Tinder. Se non o fai, sinto dicirche que o máis probable é que só a mercara pola moda.

CAMI-BICO

Ficha Técnica

Composition
100% algodón
Densidade
165 g/m²
Tipo de punto
Punto liso
Estampaxe
DTF