A tradición galega chega ao espazo! A camiseta "Hai un galego na Lúa" é un tributo á canción popular, cun astronauta ben galego sentado na Lúa e, como non podía ser doutro xeito, tocando a gaita. Perfecta para quen levan Galicia no corazón, mesmo máis alá da estratosfera.
“Hai un galego na Lúa”... e se escoitas con atención, seguro que oirás o son da gaita. Esta camiseta con deseño orixinal de Lóstrego amosa un astronauta galego tocando a gaita no medio do espazo, unha homenaxe divertida á famosa canción “Pandeirada Sideral” do grupo Zapato Veloz.
Feita en algodón de alta calidade, cómoda e ideal para presumir de orgullo galego, xa sexa na Terra ou no espazo exterior. O deseño orixinal de Lóstrego preséntase en tons azulados sobre fondo branco, que lle dá un toque moderno e fresco, perfecto para o día a día ou para regalar a ese galego ou galega que sempre leva Galicia consigo, sen importar a latitude.
Porque é unha forma divertida e orixinal de levar Galicia ata o espazo. Se che gusta a retranca, a cultura galega e os deseños exclusivos, esta camiseta é un imprescindible no teu armario ou para agasallar.
Non perdas a oportunidade de engadir esta camiseta única á túa colección ou de sorprender a alguén especial cun agasallo divertido e con moita personalidade!
Se ma poño, podo escoitar unha gaita no espazo?
Non está confirmado, pero se escoitas con atención, igual oirás un "aturuxo" entre os satélites.
Podo levala á NASA sen que me miren raro?
Á NASA non o sei, pero é unha camiseta perfectar para ir botar as nasas.
Podo usala como escusa para xustificar o meu despiste?
Si, di que estabas orbitando noutro planeta.
Se a levo nun avión, o piloto déixame entrar na cabina?
Non está confirmado, pero seguro que che preguntan polo teu destino galáctico.
Ficha Técnica
| Medida | S | M | L | XL | 2XL | 3XL | 4XL | 5XL |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Ancho (A) | 49 | 52 | 55 | 58 | 62 | 66 | 70 | 74 |
| Largo (B) | 69 | 71 | 73 | 75 | 77 | 79 | 81 | 84 |
Medidas en centímetros, tomadas en plano. A medida pode variar entre 1 e 2 cm.