

A protagonista desta camiseta non e unha cebola calquera. Non, non! Representa a mais epica das cebolas galegas, capaz de facer chorar ata un mariñeiro curtido. Pero non e so iso: e unha homenaxe as choronas de Cangas, esas mulleres contratadas para chorar nos enterros, porque en Galicia ata as penas teñen tradicion.
Se pensas que chorar só é cousa de dramas sentimentais, é porque non coñeces a historia das choronas de Cangas. Antigamente, había mulleres que eran contratadas para asistir a enterros e darlle ese toque emotivo que a ocasión requería. Pois ben, en Lóstrego quixemos facer un remix entre esta tradición e a gran mestría do pranto espontáneo: a cebola. Porque se hai algo que nos fai chorar sen remedio, é cortar unha boa cebola do país.
Con esta camiseta, podes levar con orgullo esa esencia galega de rir entre bágoas. Un deseño que mestura tradición, humor e retranca, ideal para os que saben que en Galicia ata chorar ten arte.
Non perdas a oportunidade de engadir esta camiseta única á túa colección ou de sorprender a alguén especial cun agasallo divertido e con moita personalidade!
Aviso: Non evita que chores ao ver a conta do súper, pero polo menos farache rir entre bágoas.
Se ma poño, deixo de chorar?
Non, pero polo menos riraste mentres o fas.
Podo levala a un enterro sen que me boten miradas raras?
Se é en Cangas, ata poden contratarte para dar ambiente.
Podolla poñer cando me chegue a factura da luz?
É o momento perfecto.
Ficha Técnica