Camiseta negra con esqueleto festexeiro sobre un ataúde e texto 'Luar'.
search
  • Camiseta negra con esqueleto festexeiro sobre un ataúde e texto 'Luar'.
  • Esqueleto festexeiro bailando sobre un ataúde con texto 'Luar'.
  • Camiseta negra co deseño de caveira e texto 'Quinkillada' en branco.
  • Caveira con lentes de sol rodeada de texto 'Quinkillada'.

VERBENA x QUINKILLADA - Camiseta de manga curta unisex - Negra

19,90 €
IVA incluido Entrega entre 1 e 3 días (excepto fundas)

Hai festas e despois está A Verbena! Se xa te sabes os temazos de Quinkillada de memoria e non perdoas unha noite de festa rachada, esta camiseta é o uniforme oficial para darlo todo na pista de baile.

Cor: Negra
Tallaxe: S
Cantidade

"Ven rapaza a bailar, esta é unha festa e non a do Luar!" Se esta frase non che fai cantar e mover os pés, é que non fixeches ben os deberes verbenreiros. Esta camiseta cun deseño orixinal de Lóstrego en colaboración con Quinkillada é un himno feito roupa. Inspirada na súa canción "Verbena", leva o espírito das mellores noites galegas: música a tope, pandilla sempre lista e cero vergonza na pista!

Feita para os que saben que unha boa verbena ten máis emoción ca unha final de Champions.

Leva esta camiseta e que todo o mundo saiba que o único descanso permitido é cando apagan as luces do palco!

CARACTERÍSTICAS DESTACADAS:

  • Material de primeira calidade: Confeccionada en 100% algodón, para que poidas levar a retranca con orgullo e confort. Como se non levases nada.
  • Axuste versátil: Dispoñible nos tamaños S, M, L, XL, XXL, e co seu corte unisex, adáptase comodamente tanto a homes como a mulleres. Para que non haxa escusas.
  • Impresión duradeira: O estampado de alta calidade asegura que as cores e os detalles do deseño se manteñan vibrantes incluso despois de múltiples lavados.
  • Exclusividade Lóstrego: Se algo facemos ben en Galicia, ademais do marisco e as mellores romarías, é darlle un toque galego a todo. E xunto coa Quinkillada, esta camiseta é a proba irrefutable!

POR QUE ESCOLLER A CAMISETA "LUAR x QUINKILLADA"?

  • 🎶 Porque es de verbena, non de sofá: Esta camiseta é para os que non perdoan unha noite de troula e saben que a festa non remata ata que saen os primeiros raios de sol.
  • 🎶 Porque Quinkillada é sinónimo de festa: Se chegas á verbena e non soa esta canción, algo está fallando.
  • 🎶 Porque o Luar está ben, pero a festa rachada está mellor: Unha referencia galega que fai sorrir a todo o mundo. Se es dos que berran “Gayoso, ponme unha foliada!”, non hai máis que falar.
  • 🎶 Porque é unha declaración de vida: Vestir esta camiseta non é só moda, é unha declaración de intencións: onde hai música, hai baile, e onde hai baile, estás ti.

RECOMENDACIÓNS DE USO:

A festa pode durar ata o amencer, así que combínaa cun look que aguante o teu ritmo. Lévaa con orgullo, prepárate para os coros e que comece a festa! E lembra, o importante non é como chegas, senón como te marchas… se é que te marchas.

COIDADO DA PRENDA:

  • Lavado: A máquina a 40º máximo, preferiblemente do revés para protexer o estampado. Nada de lixivia!
  • Secado: Ao aire libre. Como facían as nosas avoas, nada de secadora.
  • Pasado a ferro: Se é necesario, pasar o ferro a temperatura media (150º) evitando a zona do deseño.

FAQs (Fai Ahí Que sabes…)

  • O estampado aguanta os lavados ou desgástase máis rápido ca dignidade nunha conga?

Tranquilo, isto aguanta máis ca un solo de acordeón ás 5 da mañá.

  • Qué pasa se me cruzo con alguén coa mesma camiseta?

Contacto visual, choque de palmas e a bailar como se non houbese un mañá.

  • Se a meto na secadora, encollerá máis ca a miña motivación ao día seguinte?

Mellor sécaa ao aire libre, como os recordos borrosos da noite anterior.

  • Podo usala como invitación subliminal para convencer a alguén de ir de festa?

Totalmente. Se a ven posta e non captan a indirecta, igual esa amizade hai que revisala.

🎶 Conclusión? Quinkillada + Lóstrego = A festa definitiva! 🎶

CAMI-QUINKILLADA

Ficha Técnica

Composition
100% algodón
Densidade
165 g/m²
Tipo de punto
Punto liso
Estampaxe
DTF