En Vigo, se non estás preparado para a odisea das súas famosas turbo rotondas, non estás preparado para nada. Este suadoiro é para os que saben que cada verán é unha loita por un billete de barco ás Cíes.
Porque aquí todo vai rápido, menos o que realmente importa: disfrutar dunha praia de area branca e do azul do mar. Perfecta para aqueles que saben que, con afouteza, todo se consegue... ata unha praza no barco!
Características destacadas
Deseño orixinal: Deseño inspirado nos suadoiros universitarios, pero nesta ocasión, co toque único da cidade olívica.
Material de calidade: Suadoiro suave e cómodo, ideal para afrontar o día a día na cidade olívica.
Axuste versátil: Disponible en tallas S, M, L, XL, XXL. Se precisas outra talla, avísanos!
Impresión duradeira: Estampado de alta calidade que resiste múltiples lavados sen perder intensidade.
Por que elixir o suadoiro "Vigo"?
Porque representa o espírito loitador dos vigueses fronte ás súas particulares aventuras urbanas.
Ideal para quen entende que sobrevivir ás rotondas é unha arte e conseguir billete ás Cíes, unha fazaña.
Un agasallo perfecto para os amantes de Vigo, do humor galego e das historias urbanas con retranca.
Recomendacións de uso
Combínaa con: Vaqueiros, zapatillas cómodas e un mapa das rotondas locais.
Ocasións: Perfecta para paseos pola cidade, escapadas ás Cíes ou para presumir de estilo urbano con identidade galega.
Coidado da prenda
Lavado: A máquina ata 40ºC, sempre do revés para protexer o estampado. Sen lixivia.
Secado: Ao aire libre, coma se estivese secando ao sol das Rías Baixas.
Pasado do ferro: Se é necesario, a temperatura media (150ºC) evitando o debuxo.
Non deixes que este suadoiro se esgote! Se buscas unha prenda que mesture humor, identidade e estilo urbano galego.
FAQs (Fai Aí Que Sabes...)
Este suadoiro axúdame a atopar praza para as Cíes? Non exactamente, pero levaro pode atraer boas vibracións e algunha que outra recomendación útil.
É resistente ás inclemencias do tempo vigués? Feita para soportar o vento do porto e o sol das praias. Iso si, para a chuvia, mellor levala baixo unha boa chaqueta impermeable.
Podo levala en eventos formais? Se o evento é en Vigo e ten lugar nunha rotonda, definitivamente si.