Porque o rock tamén é cousa de pequenos, presentamos o body de bebé “Raiña”, unha mini-versión do noso deseño orixinal que fusiona o estilo lendario de Queen coa esencia máis galega. Cunha ilustración exclusiva de Lóstrego, este body reinterpreta o mítico escudo da banda, engadindo detalles que celebran a nosa cultura e raíces.
Perfecto para crianzas que naceron coa actitude rockeira de serie, este body é unha homenaxe á realeza do rock cun toque das Rías Baixas que ata Freddie Mercury adoraría. Se queres que a túa pequena vaia cómoda, guapa e con moita personalidade, “Raiña” é o seu uniforme oficial.
Porque en Galicia tamén medran raíñas. Longa vida ao rock… e ás mini-estrelas!
Características destacadas:
- Deseño auténtico: A ilustración reinterpreta o famoso emblema de Queen, incorporando símbolos galegos que lle dan un punto de humor e orgullo rexional.
- Material de primeira calidade: Confeccionado en 100% algodón suave, perfecto para a pel delicada do bebé.
- Comodidade total: Peche con corchetes na parte inferior para vestir e cambiar o cueiro sen dramas.
- Impresión duradeira: O estampado de alta calidade mantén as cores vivas, incluso despois de moitos lavados (e babas).
Por que escoller o body "Raiña"?
Porque é a mellor maneira de que a túa pequena rocke a súa galeguidade desde a cuna. Ideal como agasallo para nais e pais fans de Queen ou para quen queira presumir de bebé con estilo e retranca.
Recomendacións de uso:
- Combínao con: Leggins, faldiña ou simplemente co sorriso irresistible do teu bebé.
- Ocasións: Sesións de fotos familiares, visitas aos avós, primeiros festivais folk ou rock… ou para estar na casiña mandando máis ca Freddie en Wembley.
Coidado da prenda:
- Lavado: A máquina a 40º máximo, preferiblemente do revés para protexer o estampado. Nada de lixivia!
- Secado: Ao aire libre, como as camisolas de toda a vida.
- Pasado a ferro: Se é necesario, a temperatura media (150º), evitando a zona do deseño.
Non perdas a oportunidade de que a túa pequena leve un body que combina música, cultura e moita actitude rockeira.
Produtos relacionados:
- Cunca "Raiña"
- Suadoiro "Raiña"
- Camiseta "Raiña"
FAQs (Fai Ahí Que Sabes…)
- Se lle poño este body, comezará a cantar coma Freddie Mercury?
Non prometemos nada… pero os berros xa os trae de serie.
- Podo poñerlle unha capa e unha coroa como Freddie en Wembley?
Si, e deberías. É máis, inmortalízao en foto.
- Vale para nenas e nenos?
Absolutamente. O rock non entende de xénero nin de idade.