Se Vexeta xa impoñía en Dragon Ball, na súa versión galega faino aínda máis. Esta camiseta rende homenaxe a unha das frases máis recordadas da dobraxe da TVG no Xabarín Club: "Voute esnaquizar, verme noxento". Un deseño en tons laranxa sobre fondo negro que porá a proba o teu ki e o teu amor pola retranca galega. Perfecta para fans da saga e da televisión da nosa infancia.
Imaxinas a Vexeta soltando insultos en galego? Pois así vivimos moitos nos 90, grazas ao Xabarín Club da TVG. Este deseño captura aquel momento épico onde o Príncipe dos Saiyans soltaba a frase máis contundente da historia das dobraxes: "Voute esnaquizar, verme noxento".
Nesta camiseta, o rostro desafiante de Vexeta contrasta cun fondo negro, subliñado por trazos laranxas cheos de enerxía. Un tributo á fusión entre a cultura anime e a retranca galega, co estilo inconfundible de Lóstrego. Se medraches con Dragon Ball no Xabarín Club ou simplemente che encanta a actitude chulesca de Vexeta, non pode faltar no teu armario.
Non deixes que esta camiseta se esgote! Se adoras Dragon Ball, o Xabarín Club e a retranca galega, esta peza é a fusión definitiva.
Se ma poño, Vexeta virá esnaquizarm?
Non, pero pode que algún fan do Xabarín Club te mire con respecto e diga: “Ese sabe.”
Serve para detectar a outros galegos frikis?
Totalmente. Se alguén a le e sorrí, xa sabes que viu Dragon Ball no Xabarín Club.
Podo usala para pedir desexos a Shenron?
Si, pero o dragón pode responderche: “Tampouco é para tanto, home.”
Podo poñerma para facer exercicio ou activase a gravidade da sala do tempo?
É perfecta para adestrar, pero lembra: sen esforzo non hai poder saiyan.
Ficha Técnica