• -3,00 €
Camiseta negra con deseño de corazón anatómico, franxa azul da bandeira galega e texto "País pequeno de xente moi grande".
search
  • Camiseta negra con deseño de corazón anatómico, franxa azul da bandeira galega e texto "País pequeno de xente moi grande".
  • Corazón anatómico con franxa azul da bandeira galega e texto 'País pequeno de xente moi grande'. Orgullo galego.
  • Camiseta “Corazón – Xente moi grande” – Orgullo e sentimiento galego
  • Camiseta “Corazón – Xente moi grande” – Orgullo e sentimiento galego
  • Camiseta “Corazón – Xente moi grande” – Orgullo e sentimiento galego
  • Camiseta “Corazón – Xente moi grande” – Orgullo e sentimiento galego

CORAZÓN DE XENTE MOI GRANDE - Camiseta de manga curta Unisex - Negra

18,90 €
15,90 € Aforras 3,00 €
IVA incluido

Camisola Corazón xente moi grande

Cor: Negra
Tallaxe: S
Cantidade

¿Sentes o latexar de Galicia dentro de ti? Pois agora poderás lucilo con orgullo. Este deseño orixinal de Lóstrego mostra un corazón anatómico, coma se fose o mapa das nosas veas, mesturado coa potente frase “País pequeno de xente moi grande” e unha franxa azul que recorda á bandeira galega. Porque se algo nos define aos galegos é que, sendo poucos, facemos moito ruído (e sempre co corazón por diante).

Se te emocionas escoitando un coro cantando “A Rianxeira” ou se presumes da túa terra alá onde vaias, esta camiseta vénche coma anel ao dedo. Expresa nun golpe de vista o que sentes: orgullo, raíces e a convicción de que, por moi pequena que sexa Galicia no mapa, a súa xente é enorme de corazón.

Características destacadas:

  • Deseño auténtico: Corazón anatómico coa banda azul inspirada na bandeira galega.
  • Material de primeira calidade: Confeccionada en 100% algodón, esta camiseta garante suavidade e durabilidade, perfecta para lucir as túas raíces con estilo.
  • Axuste versátil: Dispoñible nas tallas S, M, L, XL, XXL, e co seu corte unisex adáptase comodamente tanto a homes como a mulleres. Para que non haxa escusas.
  • Impresión duradeira: O estampado de alta calidade asegura que as cores e os detalles do deseño se manteñan vibrantes coma o teu amor por Galicia.
  • Exclusividade Lóstrego: Se algo facemos ben en Galicia, aparte do marisco e das mellores romarías, é darlle un xiro galego a todo. ¡E esta camiseta é a proba irrefutable!

Por que elixir a camiseta "Corazón de xente moi grande"?

Porque Galicia séntese, e levala sobre o peito é a mellor forma de dicirlle ao mundo que, aínda que sexamos un país pequeno, a nosa xente e as nosas tradicións son enormes. Perfecta para agasallar, para usar en festas con amigos, ou simplemente para deixar claro que o teu corazón latexa con morriña e retranca.

Recomendacións de uso:

  • Mellor combinada con: Vaqueiros, unhas zapatillas cómodas e ese sorriso de quen sabe que é dun lugar especial.
  • Ocasións: Ideal para lucir en feiras gastronómicas (onde o polbo non falte), paseos pola costa, concertos folk ou incluso para o día a día, lembrando sempre de onde vés.

Coidado da prenda:

  • Lavado: A máquina a 40ºC máximo, preferiblemente do revés para protexer o estampado. ¡Nada de lixivia nin branquexador!
  • Secado: Ao aire libre. Como facían as nosas avoas, nada de secadora.
  • Plancha: Se é necesario, a temperatura media (150ºC) evitando a área do deseño.

Se cres que Galicia latexa con forza no teu peito, ao ver un prado verde sentes o “chamado da terriña” ou se se che humedecen os ollos cando alguén di "morrriña", esta camiseta é máis túa que a empanada na mesa un domingo.

Produtos relacionados:

FAQs (Fai Ahí Que sabes…)

  • Por qué un corazón anatómico e non un de emoji?

Porque en Galicia non nos andamos con cursilerías. Aquí séntese de verdade, vívese de verdade. O noso corazón ten veas, arterias e bombea morriña a borbotóns.

  • Esa franxa azul é a bandeira de Galicia ou a da miña tensión arterial cando vou ao médico?

Tranquilo, é a bandeira. Pero se che sobe a emoción ao vela, é normal.

  • Pódese levar fóra de Galicia ou só funciona na terriña?

Por suposto. De feito, se a levas fóra, prepárate para que outro galego che bote unha ollada de complicidade. É coma un radar para atoparnos.

  • Aguanta o calor dunha verbena?

Depende. Se te metes en primeira fila da orquestra Panorama, igual saes sen voz e empapado... pero a camiseta seguirá intacta.

  • E contra a chuvia?

Mira, Galicia é sinónimo de humidade, así que se esperas que sexa impermeable… malo. Pero tranquilo/a, con orgullo galego non hai trebón que nos pare.

  • É bo agasallo para un galego emigrado?

Non só é un bo agasallo, é un reencontro coa súa terra en forma de camiseta. Métella nunha caixa, ponlle unha gaita de fondo e mira como chora.

CAMI-CORAZON-NEGRA

Ficha Técnica

Composition
100% algodón
Densidade
165 g/m²
Tipo de punto
Punto liso
Estampaxe
DTF