Se pensabas que a poda non podia ser mais intensa, e que non coñecias "Restos de Poda" Este deseño se inspira nos caoticos logotipos das bandas de Death Metal, tan retorcidos que apenas se len. Aqui, con todo, intuese que "Restos de Poda" e o nome da non-banda mais salvaxe... e con mais retranca Perfecta para fans da xardineria bruta e do humor con moito filo.
Imaxinas un xardineiro escuro que, no canto dunha guitarra eléctrica, empuñe unhas tesoiras de podar? Pois esa é a idea detrás desta camiseta. Inspirada na estética do Death Metal, o logotipo aparece formado por pólas e restos de poda, coma se o encapuchado fose acumulando cortes no medio do bosque, ata crear un nome caótico e ilexible para a maioría dos mortais.
A escena amosa a este personaxe sinistro, coas súas tesoiras de podar ben afiadas, coma se fose un ritual de poda satánica. O resultado? "Restos de Poda": un guiño perfecto para quen adoran o metal extremo pero tamén botan unhas risas coa vida rural e a retranca.
Se buscas unha camiseta que mesture agricultura e rock extremo, aquí a tes. E se non a entendes á primeira… non pasa nada, esa é a graza dos logotipos de Death Metal!
Non deixes que esta camiseta se esgote! Se buscas algo que mesture rock extremo, humor e podas bestiais, "Restos de Poda" é a túa prenda definitiva.
É necesario ser xardineiro para levar esta camiseta?
Non, pero recomendamos saber distinguir un carballo dun eucalipto para maior credibilidade.
Por que o logo semella un montón de pólas enmarañadas?
Porque se podes lelo á primeira, non é o suficientemente trve.
Ficha Técnica