Morzilla é a nosa particular versión das películas de monstros: unha morcilla xigante arrasando a cidade e armando unha boa ao seu paso.
Unha camiseta de humor galego cun deseño inspirado no cine clásico de monstros, para xente á que lle gustan as camisetas diferentes, a cultura popular e as referencias con retranca.
Non sabemos moi ben como chegou ata aí, pero tampouco lle imos dar demasiadas voltas.
Morzilla é unha morcilla xigante que apareceu no medio da cidade e está deixando os edificios feitos un cristo. Unha desas parvadas que empezan facendo graza e acaban estampadas nunha camiseta.
O deseño bebe do cine clásico de monstros e desas películas nas que aparece unha criatura enorme e todo o mundo bota a correr. Nós simplemente cambiamos o monstro por algo que nos quedaba máis a man: unha boa morcilla.
O resultado é unha camiseta de humor galego cunha referencia que se pilla rápido, un punto absurdo e bastante retranca.
Para amantes do cine de monstros, da cultura popular, da morcilla ou simplemente para quen quere unha camiseta que dea conversa.
Que é Morzilla?
Unha morcilla xigante destruíndo unha cidade. Non hai moito máis que entender e precisamente por iso nos gusta.
O deseño está inspirado nas películas de monstros?
Si. Cine de monstros, edificios en perigo e unha criatura dun tamaño pouco razoable. O resto puxémolo nós.
É unha boa camiseta para regalar?
Se a outra persoa ten sentido do humor, lle gusta o cine ou sente un cariño especial pola morcilla, tes medio traballo feito.
Ficha Técnica
| Medida | S | M | L | XL | 2XL | 3XL | 4XL | 5XL |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Ancho (A) | 49 | 52 | 55 | 58 | 62 | 66 | 70 | 74 |
| Largo (B) | 69 | 71 | 73 | 75 | 77 | 79 | 81 | 84 |
Medidas en centímetros, tomadas en plano. A medida pode variar entre 1 e 2 cm.