Morzilla | Camiseta de Humor Galego e Cine de Monstros
search
  • Morzilla | Camiseta de Humor Galego e Cine de Monstros

MORZILLA - Camiseta Unisex Negra

18,90 €
IVA incluido Entrega entre 3 e 5 días (excepto fundas)

Morzilla é a nosa particular versión das películas de monstros: unha morcilla xigante arrasando a cidade e armando unha boa ao seu paso.

Unha camiseta de humor galego cun deseño inspirado no cine clásico de monstros, para xente á que lle gustan as camisetas diferentes, a cultura popular e as referencias con retranca.

Cor: Negro
Tallaxe: S
Cantidade
Esperando stock

MORZILLA: hai unha morcilla xigante solta pola cidade

Non sabemos moi ben como chegou ata aí, pero tampouco lle imos dar demasiadas voltas.

Morzilla é unha morcilla xigante que apareceu no medio da cidade e está deixando os edificios feitos un cristo. Unha desas parvadas que empezan facendo graza e acaban estampadas nunha camiseta.

O deseño bebe do cine clásico de monstros e desas películas nas que aparece unha criatura enorme e todo o mundo bota a correr. Nós simplemente cambiamos o monstro por algo que nos quedaba máis a man: unha boa morcilla.

O resultado é unha camiseta de humor galego cunha referencia que se pilla rápido, un punto absurdo e bastante retranca.

Para amantes do cine de monstros, da cultura popular, da morcilla ou simplemente para quen quere unha camiseta que dea conversa.

Detalles do deseño

  • Deseño orixinal de Lóstrego.
  • Morcilla xigante arrasando unha cidade.
  • Inspirado no cine clásico de monstros.
  • Humor galego e cultura popular.
  • Camiseta unisex.
  • Un deseño fácil de recoñecer e difícil de explicar con cara seria.

FAQs (Fai Aí Que Sabes...)

Que é Morzilla?
Unha morcilla xigante destruíndo unha cidade. Non hai moito máis que entender e precisamente por iso nos gusta.

O deseño está inspirado nas películas de monstros?
Si. Cine de monstros, edificios en perigo e unha criatura dun tamaño pouco razoable. O resto puxémolo nós.

É unha boa camiseta para regalar?
Se a outra persoa ten sentido do humor, lle gusta o cine ou sente un cariño especial pola morcilla, tes medio traballo feito.

CAMI-BRAN-FODECHINCHO

Ficha Técnica

Composition
100% algodón
Densidade
165 g/m²
Tipo de punto
Punto liso
Estampaxe
DTF
Guia de tallas
estandar

Guía de tallas — corte estándar

Medidas da prenda en centímetros — corte estándar
Medida S M L XL 2XL 3XL 4XL 5XL
Ancho (A) 4952555862667074
Largo (B) 6971737577798184

Medidas en centímetros, tomadas en plano. A medida pode variar entre 1 e 2 cm.