Pasouche algunha vez pola cabeza que Albert Einstein liderase unha banda de metal industrial? Pois agora xa non tes que devanar máis os miolos. Coa camiseta “Du hast… enerxía”, o xenio da relatividade saca a lingua e tamén unha boa dose de electricidade, todo cun estilo que faría tremer a Rammstein.
O deseño orixinal de Lóstrego mostra ao xenio do pelo tolo, lingua fóra e mirada chispeante, acompañado da icónica frase “Du hast... enerxía”. Un xogo de palabras entre a física de Einstein e o temazo “Du Hast” da banda alemá Rammstein, todo cunha estética que che transporta directamente a un festival de heavy metal... con ecuacións.
Porque se algo ten Galicia ademais de retranca, é enerxía para facer pogos nos concertos e teorías que rachan co espazo-tempo.
Características destacadas:
Deseño auténtico: Einstein co seu mítico xesto da lingua, pero cun xiro metal galego e a frase “Du hast… enerxía”.
Material de primeira calidade: 100% algodón, suave como unha teoría ben explicada, resistente como unha guitarra eléctrica nos 90.
Axuste versátil: Camiseta unisex dispoñible nas tallas S, M, L, XL, XXL. Se precisas outra talla, chámanos antes de que explote o colisionador de partículas.
Impresión duradeira: Resiste lavados, concertos, viaxes no tempo e algún que outro experimento caseiro.
Por que elixir a camiseta “Du hast… Energie”?
Porque non é só frikismo, é cultura. Unha homenaxe a un dos maiores científicos da historia… cunha estética que te mete de cabeza nun mosh pit. Ideal para xente que ama a ciencia, o metal ou que simplemente goza dunha boa camiseta con mensaxe.
Recomendacións de uso:
Combínaa con: Pantalóns rotos, cazadora de coiro e, se te atreves, unhas gafas de pasta.
Ocacións: Festas heavies, concertos, charlas TED ou simplemente para ir ao súper como un auténtico rockstar da ciencia.
Coidado da prenda:
Lavado: A máquina a 40º, sempre do revés. A ciencia di que así dura máis.
Secado: Ao aire libre, como os experimentos de Tesla.
Plancha: Se é necesario, sen pasar polo deseño. Non queremos borrar a lingua máis famosa da historia.
Produtos relacionados:
Camiseta "Predathor"
Camiseta "Bat Sabbath"
Camiseta "Urco"
Camiseta "Cernunnos"
Camiseta "Jason"
FAQs (Fai Ahí Que Sabes…)
Se a levo posta, podo inventar algo como a teoría da relatividade? Non, pero podes facer teorías sobre o mellor solo de guitarra da historia.
É compatible co headbanging ou podería saír voando? Comprobado. Non sae nin facendo un solo de Airbourne en primeira fila.
Se un físico alemán a ve, entenderá o chiste? Depende. Se tamén é fan de Rammstein, vas facerlle o día.
Pode provocar curtocircuítos mentais nalgún cuñado? Altamente probable. Ideal para debates sobre ciencia cunha cervexa na man.