- -3,00 €
Hai frases que son máis icónicas ca un solo de guitarra de Angus Young, e en Galicia temos unha que vale para todo: “Marcho que teño que marchar”. Esta camiseta combina o deseño dun amplificador de Marshall co mellor da retranca galega. Perfecta para eses momentos nos que queres desaparecer con estilo sen dar moitas explicacións. Se buscas un agasallo infalible, este é un dos nosos modelos máis vendidos. Vas triunfar máis ca un bis en plena festa rachada!
Queres marchar con estilo? Pois aquí tes a camiseta definitiva para saír de calquera situación sen ter que dar explicacións. Inspirada nos clásicos amplificadores Marshall, este deseño rockeiro únese á frase galega máis universal, esa que serve tanto para escapar dunha reunión aburrida como para esquivar unha cea familiar interminable.
Esta camiseta xa é un auténtico best-seller en Lóstrego, tanto en tendas físicas como online. Se a queres para ti, vas quedar coma un rei. Se é para agasallo, vas petalo seguro, quen non usa esta frase a diario?
Porque marchar con dignidade tamén é unha arte, e con esta camiseta podes facelo coma unha auténtica estrela do rock. Se es fan da música e da retranca, esta prenda é para ti. E se buscas un agasallo, vas de cabeza ao éxito, porque é un dos nosos modelos máis vendidos. Non falla!
Se a levo posta, podo marchar sen dar explicacións?
Exacto. É a frase universal que abre portas, evita discusións e dálle un aire de misterio tipo “Run to the Hills”.
Podo usala para escapar dunha comida familiar?
Totalmente. Iso si, se teu tío heavy te ve marchar sen rematar as filloas, igual che solta un “You Can’t Always Get What You Want”.
É resistente aos pogos ou quedará feita un destrozo despois do primeiro?
Tranquilo, está feita para aguantar máis ca un fan de Metallica na zona do mosh pit con “Whiplash”.
E se a levo ao Resurrection Fest?
Perfecta! Pero ten coidado, que se alguén te ve marchar antes da última canción, podes converterte no obxectivo dun “Paranoid” colectivo.
Podo usala para evitar que me pidan explicacións cando saio antes do traballo?
Si, pero se che ve o xefe, igual che canta un “Should I Stay or Should I Go”.
Ficha Técnica