A CABEZA NON PARA - Camiseta de manga curta Unisex - Plomo oscuro
18,90 €
IVA incluido
Entrega entre 1 e 3 días (excepto fundas)
Esta camiseta unisex plomo oscuro con deseño "A cabeza non para" mestura o humor galego coa lenda do Xinete Sen Cabeza, ou tamén coñecido polo teu amigo máis internacional, Sleepy Hollow. Unha fusión de misterio, lenda e retranca para os que pensan demasiado... ou que directamente xa non teñen nin cabeza.
Se es deses que se deitan para durmir e a cabeza empeza a escribir ensaios mentais, necesitas esta camiseta. Inspirada no lendario Xinete Sen Cabeza de Sleepy Hollow, pero con ese toque galego que nos fai especiais. Se xa che din mil veces que deixes de darlle voltas, viste esta camiseta e que falen eles.
Características destacadas:
Deseño orixinal: Cunha ilustración impactante dun xinete sen cabeza cunha cabeza de cabaza, transmite a esencia das lendas e da retranca do país. Non é que o digamos nós, pero en Lóstrego, cando facemos as cousas, facémolas ben.
Material de primeira calidade: Confeccionada en 100% algodón, para que poidas levar a retranca con orgullo e confort. Como se non levas nada.
Axuste versátil: Dispoñible en tallas S, M, L, XL, XXL, e co seu corte unisex adapta comodamente tanto a homes como a mulleres. Para que non haxa escusas.
Impresión duradeira: O estampado de alta calidade asegura que as cores e os detalles do deseño se manteñan vibrantes incluso tras múltiples lavados.
Exclusividade Lóstrego: Se algo facemos ben en Galicia, ademais do marisco e as mellores romarías, é darlle un xiro galego a todo. ¡E esta camiseta é a proba irrefutable!
Por que elixir a camiseta "A Cabeza non para"?
Se es deses/as que se meten na cama, e o teu cerebro decide que é o momento ideal para repasar conversas de hai 10 anos ou para planificar o fin do mundo.
Deseño brutal para amantes do misterio e do humor negro.
Unha oda á cultura galega e á arte de sobrepensar.
Porque se imos tolear, polo menos con estilo.
Recomendacións de uso:
Combínaa con: Vaqueiros e chaqueta de coiro para un estilo rockeiro e escuro, ou cun café ben cargado e segue dándolle voltas á vida.
Coidado da prenda:
Lavado: A máquina ata 40ºC, preferiblemente do revés para protexer o estampado. ¡Nada de lixivia!
Secado: Ao aire libre. Como facían as nosas avoas, nada de secadora.
Pasado co ferro: Se é necesario, a temperatura media (150ºC) evitando a área do deseño.
Non perdas a oportunidade de engadir esta camiseta única á túa colección ou de sorprender a alguén especial cun agasallo único, divertido e con moita personalidade.
Esta camiseta unisex plomo oscuro con deseño "A cabeza non para" mestura o humor galego coa lenda do Xinete Sen Cabeza, ou tamén coñecido polo teu amigo máis internacional, Sleepy Hollow. Unha fusión de misterio, lenda e retranca para os que pensan demasiado... ou que directamente xa non teñen nin cabeza.