Camiseta marrón "Porco Celta" con porco guerreiro celta, escudo, casco e espada. Homenaxe á raza de porco galega.
search
  • Camiseta marrón "Porco Celta" con porco guerreiro celta, escudo, casco e espada. Homenaxe á raza de porco galega.
  • Deseño 'Porco Celta' con porco guerreiro celta, escudo, casco, espada e ornamentos, homenaxe á raza de porco galega.
  • Camiseta Marrón Unisex "Porco Celta" – Orgullo galego con retranca
  • Camiseta Marrón Unisex "Porco Celta" – Orgullo galego con retranca

PORCO CELTA - Camiseta de manga curta Unisex - Marrón

18,90 €
IVA incluido Entrega entre 1 e 3 días (excepto fundas)

Se te pensabas que os celtas solo deixaron castros e música folk, estás moi equivocado. O "Porco Celta" é a verdadera esencia da tradición galega, tanto no prato como no humor. Esta camiseta marrón unisex rinde homenaxe a nosa cultura, cun porquiño máis celta que unha gaita en plena romería. Perfecta para os que levan Galicia no peito e o porquiño no prato (ou non, que aquí hai sitio para todos).

Cor: Marrón
Tallaxe: S
Cantidade

Se pensabas que Yoda falaba raro en inglés, espera a velo falando en galego! Con esta camiseta de manga curta unisex negra, traemos un clásico de Star Wars adaptado á nosa terra: Non poñas o carro diante dos bois, Luke Porque ata os Jedi saben que aquí non vale adiantarse aos acontecementos.

Perfecta para calquera padawan que domine a retranca galega ou mestre Jedi que entenda que, na vida, todo ten o seu tempo. Co seu deseño orixinal de Lóstrego, esta é unha peza cómoda para o día a día e unha xoia para os fans da saga.

Características destacadas:

  • Deseño orixinal: A imaxe de Yoda e os seus famosos consellos fusiónanse coa retranca galega, ideal para fans da ciencia ficción e do humor tradicional.
  • Material de primeira calidade: Confeccionada en 100% algodón, esta camiseta é perfecta para calquera misión. Se che gustan as referencias geek con toque humorístico, este é o teu uniforme de batalla.
  • Axuste versátil: Dispoñible en tallas S, M, L, XL, XXL, e co seu corte unisex adapta a homes e mulleres comodamente.
  • Impresión duradeira: Estampado de alta calidade para que as cores e os detalles do deseño se manteñan vibrantes incluso tras múltiples lavados. Calidade Jedi aprobada!

Por que elixir a camiseta "Yoda"?

  • Porque se tes un amigo/a fan de Star Wars, xa sabes que lle vas facer o mellor agasallo da galaxia. E non fai falta ir ata Tatooine para conseguila. Está en Lóstrego!
  • Válida tanto para loitar contra o Imperio como para tomar uns viños cos colegas.

Recomendacións de uso:

  • Combínaa con: Vaqueiros, sudadeiras de Lóstrego ou incluso cunha capa Jedi.

Coidado da prenda:

  • Lavado: A máquina ata 40ºC, preferiblemente do revés para protexer o estampado. ¡Nada de lixivia! Que isto non é Alderaan.
  • Secado: Ao aire libre. Como facían as nosas avoas, nada de secadora.
  • Pasado co ferro: Se é necesario, a temperatura media (150ºC) evitando a área do deseño.

Non perdas a oportunidade de engadir esta camiseta única á túa colección ou de sorprender a alguén especial cun agasallo único, divertido e con moita personalidade.

Produtos relacionados:

FAQs (Fai Ahí Que sabes...)

  • ¿Esta camiseta dálleme poderes Jedi?

Non está garantido, pero polo menos aprenderás a non poñer o carro diante dos bois e a usar a retranca como un sable láser.

  • ¿Que significa exactamente "Non poñas o carro diante dos bois, Luke"?

É un sabio consello galego que vén dicir “non te adiantes, rapaz, que todo ten o seu tempo”. E se o di Yoda, pois con máis razón.

  • ¿Que pasa se ma poño e alguén dime que non entende a mensaxe?

Responde como un mestre: "A comprender, debes. Explicar, non podo. Sentir, hai que sentir."

  • ¿Que pasa se Darth Vader ve esta camiseta?

Darálle morriña de cando era Anakin e tiña paciencia. Pero coidado, que se non entende a retranca, igual ponse en modo Imperio.

  • ¿Que se sente ao levala?

Como se estiveras nunha taberna en Tatooine, pedindo unha Estrella Galicia en vez de leite azul.

  • ¿Que opinan os Stormtroopers desta camiseta?

Din que lles encanta, pero como non acertan nin a ler, nunca saberán o que pon.

  • ¿Por que debería mercala?

Porque en ningún outro recuncho da galaxia atoparás unha camiseta que fusione sabedoría Jedi e retranca galega con tanto estilo.

CAMI-PORC-CELT

Ficha Técnica

Composition
100% algodón
Densidade
165 g/m²
Tipo de punto
Punto liso
Estampaxe
DTF