Camiseta unisex azul con deseño "Lobiño", unha divertida chiscadela a Lobezno en clave galega.
search
  • Camiseta unisex azul con deseño "Lobiño", unha divertida chiscadela a Lobezno en clave galega.
  • Detalle do deseño "Lobiño", unha fusión entre Lobezno e retranca galega. Para os que teñen garras afiadas e espírito bravo.
  • Modelo lucindo camiseta azul con deseño "Lobiño". Un toque de humor galego para os fans dos superheroes con garras.
  • Camiseta azul cun deseño de "Lobiño" en versión caricatura.

LOBIÑO - Camiseta de manga curta Unisex - Azul Royal

18,90 €
IVA incluido

Unha camiseta para os verdadeiros mutantes galegos! Inspirada no icónico heroe de Marvel, Lobezno, pero con ese toque de retranca que tanto nos gusta. Porque en Galicia non somos "Wolverine", somos lobiños de pura cepa!

Cor: Azul mariño
Tallaxe: S
Cantidade

Atención, fans da cultura geek e da retranca galega! Se algunha vez soñaches con ter gadoupas de adamantium para abrir percebes sen esforzo, esta camiseta está pensada para ti. Inspirada no mítico heroe de Marvel, Lobezno, pero cun toque galego que só Lóstrego podía darlle.

Aquí non falamos de mutantes, falamos de xen galego puro: “O fillo do lobo: Lobiño”. Unha homenaxe aos lobos da nosa terra e a quen medrou vendo X-Men no Xabarín Club.

Características destacadas:

  • Deseño orixinal: Letras afiadas como gadoupas e un azul que vai ben con todo, dende vaqueiros ata un chándal do Feirón. Non é que o digamos nós, pero en Lóstrego, cando facemos as cousas, facémolas ben.
  • Material de primeira calidade: Confeccionada en 100% algodón, para que poidas levar a retranca con orgullo e confort. Como se non levases nada.
  • Ajuste versátil: Dispoñible nas tallas S, M, L, XL, XXL, e co seu corte unisex adáptase comodamente tanto a homes como a mulleres. Para que non haxa escusas.
  • Impresión duradeira: O estampado de alta calidade asegura que as cores e detalles do deseño se manteñan vibrantes incluso despois de múltiples lavados.
  • Exclusividade Lóstrego: Se algo facemos ben en Galicia, ademais do marisco e as mellores romarías, é darlle un xiro galego a todo. E esta camiseta é a proba irrefutable!

Por que elixir a camiseta "Lobiño"?

  • Porque Lobezno está ben, pero un Lobiño galego é outro nivel. Aquí non hai adamantium, pero temos un humor máis afiado ca as súas gadoupas.
  • Para quen fai a ruta dos furanchos en modo Wolverine: Sempre preparado para unha tapa e un viño, sen medo a nada.
  • Para quen non precisa adamantium para ser duro: Só con botarlle un pouco de ribeiro xa se volve inmortal.

Recomendacións de uso:

  • Ideal para levar con orgullo ao monte, á casa da avoa, ao furancho ou á Comic-Con e triunfarás como un verdadeiro superheroe galego. Multitude de posibilidades, tantas como Multiversos.

Coidado da prenda:

  • Lavado: A máquina a 40º máximo, preferiblemente do revés para protexer o estampado. Nada de branquexador nin lixivia!
  • Secado: Ao aire libre. Como facían as nosas avoas, nada de secadora.
  • Pasado do ferro: Se é necesario, pasar o ferro a temperatura media (150º) evitando a área do deseño.

Non perdas a oportunidade de engadir esta camiseta única á túa colección ou de sorprender a alguén especial cun agasallo único, divertido e con moita personalidade.

E lembra: Se che gusta a retranca e os superheroes, esta camiseta é a túa armadura de batalla. Compra agora e únete á recua!

FAQs (Fai Ahí Que sabes...)

Podo levala a unha churrascada sen que me pidan cortar a carne coas gadoupas?

Si, pero se che ven con ela posta, prepárate para o clásico: "A ver, corta este chourizo a o Lobezno".

Serve para entrar gratis na Comic-Con ou polo menos para que me miren con respecto?

Se alguén pilla a referencia, mínimo gañas un par de olladas de admiración friki.

CAMI-LOBIÑO

Ficha Técnica

Composition
100% algodón
Densidade
165 g/m²
Tipo de punto
Punto liso
Estampaxe
DTF