En Lóstrego fixemos un feitiño para xuntar dous mundos máxicos: o de Hogwarts e o das aldeas galegas. Así nace a camiseta “E ti, de quen ves sendo?”, unha mestura entre o Sombrero Seleccionador de Harry Potter e a pregunta máis galega que existe. Porque aquí non nos interesa tanto se es de Gryffindor ou Slytherin… senón de quen ves sendo, meu!
Co seu deseño inspirado no universo máxico, esta camiseta é perfecta para frikis con retranca e galegos que levan o humor no ADN. O sombreiro aparece con todo o seu encanto feiticeiro, acompañado da frase que fai sorrir a calquera que teña un mínimo de parentes en Galicia.
Deseño con maxia galega: Inspirado en Harry Potter, cun toque de humor e tipografía de estilo medieval para que ata Dumbledore quixera poñela.
Material de primeira calidade: 100% algodón, suave, cómodo e resistente ás aventuras (místicas ou da vida cotiá).
Corte unisex: Perfecta para meigas, magos e moldes de calquera tamaño.
Impresión duradeira: Que non se borra nin con pócimas de lavadora nin con encantos de limpeza.
Fabricada en Galicia, con deseño orixinal e humor 100% Lóstrego.
Porque non hai nada máis galego que preguntar por as raíces… nin máis divertido que mesturalas cun toque de maxia. É ideal para fans de Harry Potter, galegos con retranca ou calquera persoa que entenda que as meigas existen… e que tamén teñen estilo.
Perfecta para regalar, levar a eventos frikis ou simplemente para facer rir ao próximo que che pregunte pola túa casa de Hogwarts.
Combínaa con vaqueiros, botas e unha boa varita (ou un paraguas, que tamén serve).
Ideal para festas temáticas, encontros frikis ou xornadas de feitiños e empanada.
E lembra: se alguén che pregunta de quen ves sendo… xa tes resposta con estilo.
O sombreiro seleccionador fala galego?
Por suposto, e pronuncia perfectamente o “ghr” de “meigha”.
En que casa me metería se fose galego?
Depende: se che gusta o licor café, probablemente en Galegindor.
A camiseta é máxica?
Non levanta varas nin move cousas, pero atrae sorrisos alá onde vai.
Vale como regalo?
Si! É perfecta para Potterheads, galegos emigrados ou xente con sentido do humor.
Ficha Técnica