Camisola Peregrin Tuk | O Camiño de Santiago chega á Terra Media
search
  • Camisola Peregrin Tuk | O Camiño de Santiago chega á Terra Media
  • Camisola Peregrin Tuk | O Camiño de Santiago chega á Terra Media

PEREGRIN TUK - Camiseta de manga curta Unisex - Gris Pedra

18,90 €
IVA incluido Entrega entre 1 e 3 días (excepto fundas)

Que pasaría se un dos hobbits máis famosos da Terra Media deixase A Comarca para facer o Camiño de Santiago? Pois que teriamos a Peregrin Tuk, unha divertida reinterpretación de Pippin convertido en peregrino, coa mochila ao lombo, o bordón na man e a vista posta en Compostela.

Unha mestura perfecta entre o universo de O Señor dos Aneis e unha das tradicións máis emblemáticas de Galicia.

Cor: Negra
Tallaxe: S
Cantidade

Non todos os camiños levan a Mordor. Algúns levan a Santiago.

A camiseta "Peregrin Tuk" imaxina unha realidade alternativa na que Pippin, o entrañable hobbit de O Señor dos Aneis, cambia as aventuras da Terra Media polas etapas do Camiño de Santiago. Cos seus pés descalzos, a mochila cargada de provisións e as inevitables cunchas de peregrino, o noso pequeno viaxeiro prepárase para percorrer Galicia na procura de algo moito máis importante ca un anel: unha boa ración de polbo e un selo máis na credencial.

Unha camisola perfecta para amantes de Tolkien, camiñantes, peregrinos, frikis e calquera persoa que pensase algunha vez que os hobbits estarían moito máis cómodos nun furancho galego ca nunha batalla contra orcos.

Características destacadas

  • Deseño orixinal inspirado no universo de Tolkien.
  • Ilustración exclusiva dun hobbit convertido en peregrino.
  • Humor friki con sabor galego.
  • Perfecta para facer o Camiño, presumir de frikismo ou ambas cousas á vez.
  • Deseñada por Lóstrego con altas doses de imaxinación e retranca.

FAQs (Fai Ahí Que Sabes...)

Hai que ler a Tolkien para entendela?
Non, pero se o fixeches, a gargallada será moito maior.

Serve para facer o Camiño de Santiago?
Claro. Non evita as bochas nos pés, pero si axuda a facer amigos.

É apta para hobbits?
Por suposto. Especialmente para os afeccionados ao segundo almorzo.

Podo levala a un evento friki?
Si, e seguramente acabarás explicando o chiste máis dunha vez.

CAMI-GRIS-PEREGRIN

Ficha Técnica

Composition
100% algodón
Densidade
165 g/m²
Tipo de punto
Punto liso
Estampaxe
DTF