Camisola Oversize Herbas de San Xoán | Tradición Galega | Lóstrego
search
  • Camisola Oversize Herbas de San Xoán | Tradición Galega | Lóstrego
  • Camisola Oversize Herbas de San Xoán | Tradición Galega | Lóstrego
  • Camisola Oversize Herbas de San Xoán | Tradición Galega | Lóstrego
  • Camisola Oversize Herbas de San Xoán | Tradición Galega | Lóstrego
  • Camisola Oversize Herbas de San Xoán | Tradición Galega | Lóstrego

HERBAS DE SAN XOAN - Camiseta de manga curta oversize - Branco Vintage

24,90 €
IVA incluido Entrega entre 1 e 3 días (excepto fundas)

A maxia da noite de San Xoán convertida en camisola. Un deseño minimalista inspirado nas Herbas de San Xoán, na tradición galega de deixalas ao resío durante a noite e lavar a cara con esa auga ao amencer para atraer a boa sorte, a saúde e afastar os malos espíritos. Todo acompañado dunha das frases máis coñecidas do noso folclore: "Vai lavar a cara, galopín".

Cor: Branca
Tallaxe: XS
Cantidade
Últimos artigos en stock

Hai tradicións que forman parte da alma de Galicia, e a noite de San Xoán é unha delas. Cando cae o sol, recóllense as herbas aromáticas, déixanse repousar ao resío e, ao día seguinte, a súa auga emprégase para lavar a cara como símbolo de renovación, protección e boa fortuna.

A camisola "Vai lavar a cara, galopín" recolle esa tradición nun deseño limpo, elegante e moi actual. Na parte dianteira aparece a frase popular da canción tradicional galega, mentres que nas costas se representan, cun estilo minimalista, as principais Herbas de San Xoán, acompañadas polo sol e a lúa, dous símbolos inseparables da noite máis máxica do ano.

É unha peza pensada para quen sente orgullo polas tradicións galegas, aprecia a natureza e busca un deseño diferente, discreto e con significado. Porque hai costumes que merecen seguir vivas... tamén na roupa.

Co seu corte oversize e a súa cor branco vintage, esta camisola combina comodidade, estilo e identidade galega nunha peza perfecta para celebrar San Xoán ou para levala durante todo o ano.

Características destacadas

  • Deseño minimalista inspirado nas Herbas de San Xoán.
  • Frase tradicional galega "Vai lavar a cara, galopín".
  • Camisola oversize en cor branco vintage.
  • Ilustración exclusiva creada por Lóstrego.
  • Inspirada nunha das tradicións máis fermosas de Galicia.

FAQs (Fai Ahí Que Sabes...)

As herbas veñen coa camisola?
Oxalá... pero esas hai que ir recollelas ao serán, como manda a tradición.

Se a levo posta, dá máis sorte?
Non o podemos garantir, pero empezarás o día con moi bo gusto.

Hai que coñecer a tradición para entendela?
Non. E se alguén cho pregunta, xa tes unha boa historia que contar.

É só para vestir en San Xoán?
Para nada. As boas tradicións nunca pasan de tempada.

CAMI-OVER-SAN-XOAN

Ficha Técnica

Composition
100% algodón
Densidade
210 g/m²
Estampaxe
DTF
Guia de tallas
oversize

Guía de tallas — corte oversize

Medidas da prenda en centímetros — corte oversize
Medida XS S M L XL 2XL 3XL
Ancho (A) 51545760636669
Largo (B) 72747678808284

Medidas en centímetros, tomadas en plano. A medida pode variar entre 1 e 2 cm.