

Se creías que La gran ola de Kanagawa era a máis famosa do mundo, espera a ver esta versión col icónico parte meteorolóxico de Santiago Pemán: "Marexada forte marexada. Ondas de 3 a 4". Unha camiseta para os que saben que, en Galicia, as ondas vívense intensamente, tanto en alta mar como na tele.
Che soa esa mítica estampa xaponesa coa onda xigante? Pois aquí transformámola ao máis puro estilo galego, acompañándoa da célebre frase que Santiago Pemán repetía na Televisión de Galicia: “Marexada forte marexada. Ondas de 3 a 4”. Porque se algo aprendemos dos nosos meteorólogos, é que nas costas galegas sempre hai que estar preparados.
Este deseño fusiona a delicadeza e a forza de A gran onda de Kanagawa, do artista Katsushika Hokusai, coa retranca galega e a realidade dos nosos mares. Perfecto para amantes da arte, da meteoroloxía (¿por que non?), e da chispa que só se atopa en Galicia. Unha oda ás ondas, aos partes de Pemán e á cultura nipona, todo nunha prenda de Lóstrego que non pasa desapercibida.
Porque mestura arte, humor e ADN galego nunha soa prenda. Se es dos que quedan hipnotizados vendo as ondas romper na costa, ou se medraches coa voz de Pemán anunciando “Ondas de 3 a 4”, esta camiseta faraiche sorrir cada vez que a leves posta. E ollo, con achegarte aos rompeondas un día de marexada.
Se medraches cos partes de Pemán, ché gústaa estética xaponesa ou simplemente queres levar un anaco de Galicia no peito, esta camiseta é para ti.
É a frase que o mítico Santiago Pemán repetía na TVG cada vez que daba o parte meteorolóxico. Significa que na costa as ondas van dar espectáculo. Vamos, que mellor ter coidado se andas preto do mar.
Nada. O deseño está inspirado na famosa obra "A gran onda de Kanagawa" de Hokusai, un clásico da arte xaponesa. Pero en vez de Xapón, aquí a marexada é galega e a onda vén con parte meteorolóxico incluído.
Por suposto! Non fai falta ser mariñeiro nin surcar o Atlántico nun barco. Se algunha vez viches unha onda en Galicia e pensaches "uff, aquí hai marexada", esta camiseta é para ti.
Ficha Técnica