Mazado coma un Polbo | Camiseta Galega de Ximnasio
search
  • Mazado coma un Polbo | Camiseta Galega de Ximnasio

MAZADO COMA UN POLBO - Camiseta de manga corta Unisex - Branco Vintage

18,90 €
IVA incluido Entrega entre 1 e 3 días (excepto fundas)

Que pasa cando xuntas a forza de quen vive entre pesas coa de quen leva toda a vida cargando sacos, rachando leña ou traballando no campo? Pois que sae Mazado coma un Polbo, unha camiseta con moito músculo, retranca galega e un polbo que levanta máis ferro ca media sala do ximnasio.

Unha mestura perfecta de humor galego, cultura popular e paixón por poñerse forte... sexa no ximnasio ou na aldea.

Cor: Branca
Tallaxe: S
Cantidade

Hai quen se pon forte no ximnasio. E hai quen xa naceu mazado de tanto traballar.

A camiseta "Mazado coma un Polbo" é unha homenaxe a toda esa xente que impresiona tanto levantando pesas como cargando sacos, facendo leña ou movendo o que faga falta sen despeitearse.

Co seu polbo culturista levantando mancuernas, este deseño mestura forza, humor e retranca para crear unha camiseta que se entende á primeira. Porque todos coñecemos alguén que nunca pagou unha cota de ximnasio e, aínda así, está máis forte ca calquera monitor.

Ideal para amantes do fitness, do powerlifting, do adestramento de forza ou simplemente para quen sabe que no rural tamén se fai musculación... só que lle chaman traballar.

Características destacadas

  • Deseño exclusivo inspirado no humor galego.
  • Ilustración dun polbo culturista levantando pesas.
  • Perfecta para amantes do ximnasio e da forza.
  • Tamén para esa xente da aldea que está mazada de verdade.
  • Unha camiseta con retranca que sempre esperta conversación.

FAQs (Fai Aí Que Sabes...)

Hai que ir ao ximnasio para levala?
Para nada. Se algunha vez viches mover un remolque a man, xa formas parte do club.

É unha boa idea para regalar?
Si. Especialmente para esa persoa que sempre presume de estar forte... con ou sen pesas.

E se me gusta máis o polbo ca o fitness?
Entón tamén é para ti. Aquí o protagonista segue sendo o cefalópodo máis mazado de Galicia.

CAMI-BRAN-MAZADO

Ficha Técnica

Composition
100% algodón
Densidade
165 g/m²
Tipo de punto
Punto liso
Estampaxe
DTF
Guia de tallas
color-especial

Guía de tallas — cor especial

Medidas da prenda en centímetros — cor especial
Medida S M L XL 2XL 3XL 4XL 5XL
Ancho (A) 4952555862667074
Largo (B) 6971737577798184

Medidas en centímetros, tomadas en plano. A medida pode variar entre 1 e 2 cm.