- Novo
Fodechincho: veñen, gozan, consumen... e ás veces o que queda aquí é a espiña. Unha camiseta galega con retranca que mira para a outra cara do turismo masivo e para esa riqueza que, cando se reparte mal, non parece tan riqueza.
Un deseño directo, cunha espiña de peixe como protagonista e unha mensaxe que se entende sen darlle moitas voltas.
Comen o peixe. Aquí queda a espiña.
A camiseta Fodechincho nace como unha pequena pulla a esa idea de que máis turismo significa sempre máis riqueza. Porque cando chegan milleiros, soben os prezos, satúranse os lugares e boa parte do beneficio marcha por onde veu, igual toca preguntarse canto queda realmente aquí.
O deseño resúmeo cunha imaxe ben sinxela: unha espiña de peixe. Pouco máis fai falta.
Unha camiseta galega con humor, retranca e crítica ao turismo masivo, pensada para quen cre que recibir está moi ben, pero vivir aquí tamén debería seguir sendo posible.
Deseño exclusivo de Lóstrego.
Dispoñible en azul e branco.
Ilustración dunha espiña de peixe co lema Fodechincho.
Humor e retranca arredor do turismo masivo en Galicia.
Para quen prefire unha camiseta que diga algo sen botar un discurso.
É unha camiseta contra os turistas?
Non. O problema non é quen vén, senón un modelo no que uns levan o peixe e a outros tócalles a espiña.
Que significa Fodechincho?
Digamos que non é precisamente unha invitación a repetir sobremesa.
A espiña ten dobre sentido?
Antes tiña peixe. Con iso xa dicimos bastante.
Ficha Técnica
| Medida | S | M | L | XL | 2XL | 3XL | 4XL | 5XL |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Ancho (A) | 49 | 52 | 55 | 58 | 62 | 66 | 70 | 74 |
| Largo (B) | 69 | 71 | 73 | 75 | 77 | 79 | 81 | 84 |
Medidas en centímetros, tomadas en plano. A medida pode variar entre 1 e 2 cm.