Camiseta “Predathor” – Predator + Mjölnir con estilo heavy galego
search
  • Camiseta “Predathor” – Predator + Mjölnir con estilo heavy galego
  • Camiseta “Predathor” – Predator + Mjölnir con estilo heavy galego

PREDATHOR - Camiseta de manga curta Unisex - Negra

21,95 €
IVA incluido Entrega entre 1 e 3 días (excepto fundas)

Queres presumir de poder e frikismo cun deseño que faría tremer a Odin? A camiseta “Predathor” é a túa nova armadura.

Cor: Negra
Tallaxe: S
Cantidade

Imaxinácheste algunha vez ao cazador de "Predator" como digno herdeiro de Thor? Pois en Lóstrego fixemos realidade ese soño friki-metal. A nosa camisola “Predathor” mestura a brutalidade extraterrestre co poder nórdico do Mjölnir, todo nun deseño que semella saído directamente da portada dun disco de heavy metal dos 80. Quen lle ía a dicir a Schwarzenegger, que ía a ter máis fama o becho ca él.

Este deseño orixinal de Lóstrego mostra ao Predator empuñando o martelo de Thor coma se fose un deus de Asgard. Forza bruta, estética escura e moita actitude nunha peza feita para destacar entre riffs e headbangs.

Perfecta para fans do cine de acción, da mitoloxía nórdica e dos concertos onde soan con máis distorsión que a chuvia en Galicia. Porque se algo sabemos aquí, é que ser digno non é cousa de deuses... é cousa de ter estilo e moita retranca.

Características destacadas:

  • Deseño cañeiro: Estética heavy metal, tipografía afiada e o Predador máis poderoso do multiverso, agora como o digno portador do Mjölnir.
  • Material do bo: Camiseta 100% algodón, suave e resistente. Preparada para o mosh pit ou para a churrascada do sábado.
  • Corte unisex: Dispoñible nas tallas S, M, L, XL e XXL. Queres outra? Escríbenos!
  • Impresión duradeira: Que non che borre nin o Ragnarok nin o quinto lavado da semana.

Por que levar a camiseta “Predathor”?

Porque é o crossover definitivo entre mitoloxía, acción e heavy metal. Un agasallo perfecto para metalheads, frikis de toda a vida ou quen só queira levar algo con moito carácter. E se a combinas cunha boa melena e uns botíns, xa nin che conto…

Recomendacións de uso:

  • Mellor combinada con: Pantalóns rachados, pulseiras de cravos e cara de poucos amigos (ou moito humor).
  • Ocasións: Festivais de metal, sesións de cine con colegas, ou días nos que te sintas máis digno que Thor.

Coidado da prenda:

  • Lavado: A máquina, a 40ºC, do revés. Nada de lixivia, que o Mjölnir non se leva ben co cloro.
  • Secado: Ao aire libre, como se seca o pelo tras un concerto.
  • Plancha: Se fai falla, a temperatura media, evitando a zona do deseño. Non queremos ver a Thor chorando e que despois nos veña cicloxénesis tras cicloxénesis. Que como xa chove pouco...

Produtos relacionados:

  • Camisola "Einstein"
  • Camisola "Bat Sabbath"
  • Camisola "Urco"
  • Camisola "Cernunnos"
  • Camisola "Jason"

FAQs (Fai Ahí Que sabes…)

  • Se a levo, podo levantar o Mjölnir de verdade?
    Non o sabemos, pero se o intentas diante dos colegas e sae ben, xa tes a lenda montada.
  • Vale para ir a un concerto de metal?
    E para subir ao escenario se che deixan. Iso si, le o setlist ben estudado.
  • Podo usala para invocar raios?
    Só se berras “Forza do nordés!” mentres a levas posta.
  • É compatible cunha barba épica?
    Por suposto. E se non a tes, a camiseta compensa.
  • E se a ve miña nai?
    Dirache que a lavares a 40º e que vai sendo hora de cortar o pelo, pero por dentro pensará: “Que estilazo ten meu fillo/a.” Iso ou lle dará un parraque, non nos responsabilizamos dos danos colaterais. 
CAMI-NEGRA-PREDATHOR

Ficha Técnica

Composition
100% algodón
Densidade
165 g/m²
Tipo de punto
Punto liso
Estampaxe
DTF