Bolsa “A Chorar a Cangas” – Tradición e humor galego
search
  • Bolsa “A Chorar a Cangas” – Tradición e humor galego

A CHORAR A CANGAS - Bolsa de tela

9,90 €
IVA incluido

Bolsa A Chorar a Cangas

Cantidade

Se pensas que o pranto só é cousa de dramas de película, é porque aínda non coñeces ás choronas de Cangas. Antigamente, contratábanse mulleres para asistir aos enterros e darlle ese toque emocional tan galego. E claro, como bo homenaxe en Lóstrego, mesturámolo cunha das causas máis universais do pranto espontáneo: a cebola galega.

Con esta bolsa de tea, poderás cargar a compra, os libros ou o viño co estilo de quen sabe que en Galicia ata chorar é unha arte. Un deseño único que mestura tradición, humor e retranca a partes iguais.

Características destacadas:

  • Deseño orixinal: Unha homenaxe ás choronas de Cangas cun toque “ceboleiro” para levar contigo á feira, á biblioteca ou ao ultramarinos.
  • Material de primeira calidade: 100% algodón resistente, ideal para darlle tralla sen perder a compostura.
  • Asas longas (~70 cm): Para que a leves colgada ao ombro sen parecer que vas á mili.
  • Impresión duradeira: A retranca non se borra, e o estampado tampouco.

Por que escoller a bolsa "A Chorar a Cangas"?

  • Porque chorar tamén pode ser un acto de estilo.
  • Porque combina xenial cunhas gafas de sol e cara de drama.
  • Porque é perfecta para regalar a esa persoa que sempre exaxera... e sempre ri.
  • Porque é a forma máis galega de dicir: "vou facer a compra, pero con personalidade".

Recomendacións de uso:

  • Ideal para días de feira, de facturas altas ou cando simplemente queres que a túa bolsa fale por ti.
  • Perfecta para levar o pan, a cebola... ou os kleenex.

Coidado da bolsa:

  • Lavado: Mellor a man ou a máquina en frío, como se fose unha reliquia da avoa.
  • Secado: Ao aire libre, como os pensamentos de domingo.
  • Plancha: Se queres deixala planchadiña, evita pasar por riba do deseño.

Produtos relacionados:

  • Cunca "A Chorar a Cangas"
  • Funda "A Chorar a Cangas"
  • Camiseta "A Chorar a Cangas"

FAQs (Fai Ahí Que Sabes…)

  • Se a levo ao súper, deixarei de chorar na sección de hortalizas?
    Non, pero polo menos levarás a cebola cunha bolsa que o explica todo.
  • A bolsa serve para eventos emotivos?
    Se é en Cangas, probablemente che pidan que fagas de chorona oficial.
  • Podo gardar nela as facturas da luz e da auga?
    Podes, pero recomendámosche que non a mires moito mentres o fas.
TOTE-CHORAR-CANGAS

Ficha Técnica

Composition
100% algodón

Tamén che podería gustar