• -3,00 €
Camiseta branca con tipografía minimalista e a palabra "Morriña".
search
  • Camiseta branca con tipografía minimalista e a palabra "Morriña".
  • Detalle do estampado coa definición "Nostalxia dá miña terra natal".
  • Camiseta de algodón cun deseño elegante e unha mensaxe chea de sentimento.
  • Camiseta branca coa palabra "Morrriña" en azul e a súa definición.

MORRIÑA - Camiseta de manga curta Unisex - Branca

18,90 €
15,90 € Aforras 3,00 €
IVA incluido

A morriña non se explica, séntese. É ese nó na gorxa cando estás lonxe da casa, esa emoción cando escoitas falar galego no estranxeiro, ese suspiro cando ulís a chuvia e ao mar.

Esta camiseta rende homenaxe a un dos sentimentos máis profundos e universais de Galicia, cun deseño minimalista que di moito sen necesidade de adornos. Perfecta para os que levan Galicia no corazón, estean onde estean.

Cor: Branca
Tallaxe: L
Cantidade

Que é a morriña? Non é só nostalxia, non é só botar de menos… é Galicia chamándote aínda que esteas a miles de quilómetros.

Esta camiseta captura ese sentimento na súa forma máis pura: a palabra “Morriña” acompañada da súa definición: “Nostalxia da miña terra natal”. Un deseño elegante, sobrio e directo, perfecto para quen entende que Galicia non é só un lugar no mapa, é un sentimento que nos acompaña sempre.

Se algunha vez te emocionaches cunha canción en galego, se che brillaron os ollos ao ver a Torre de Hércules despois de moito tempo fóra, ou se simplemente botas de menos a chuvia e o son do mar, esta camiseta é para ti.

Características destacadas:

  • Deseño orixinal: Tipografía minimalista coa palabra “Morriña” e o seu significado.
  • Material de calidade: 100% algodón, suave e cómodo, ideal para levar Galicia sempre contigo.
  • Versatilidade: Camiseta unisex dispoñible en tallas S, M, L, XL e XXL. Se precisas outra talla, avísanos!
  • Impresión duradeira: Estampado de alta calidade, como os recordos que nunca se borran.

Por que elixir a camiseta "Morriña"?

Porque Galicia non se esquece, Galicia lévase dentro!

Esta camiseta é perfecta para galegos, para quen sente a morriña cada vez que ve a chuvia caer ou para calquera amante da nosa terra que entenda que estar lonxe nunca significa esquecer.

Un agasallo perfecto para aqueles que levan a Galicia tatuada na alma… e agora tamén no peito!

Recomendacións de uso:

  • Combínaa con: Vaqueiros, chaqueta e unha boa playlist de folk galego para sentirte na casa esteas onde esteas.
  • Ocasións: Ideal para encontros con galegos, para eses días de nostalxia ou simplemente para presumir de sentimento galego con estilo.

Coidado da prenda:

  • Lavado: A máquina a un máximo de 40ºC, sempre do revés para protexer o estampado. Sen lixivia.
  • Secado: Ao aire libre, como o vento atlántico na costa galega.
  • Pasado do ferro: Se é necesario, a temperatura media (150ºC) e evitando o estampado, que hai que lucila perfecta.

Produtos relacionados:

Non deixes que esta camiseta se esgote! Se sentes morriña de Galicia, esta é a forma perfecta de levar a túa terra sempre contigo. Bótalle un ollo ao resto das nosas camisetas frikis e galegas!

FAQs (Fai Ahí Que sabes...)

Se ma poño, a morriña desaparece ou empeora?

A morriña non se cura, pero polo menos acompáñate con estilo.

Podo levala no estranxeiro sen que me pregunten que significa?

Non, pero aí tes a escusa perfecta para dar unha clase exprés de cultura galega.

Serve para identificar a outros galegos no exilio?

Totalmente. Se alguén a le e suspira, xa tes un compañeiro de morriña.

Vale como agasallo para alguén que marchou de Galicia hai anos?

Si, e se se emociona ao abrilo, acertaches de cheo.

Se alguén me pregunta que é a morriña, que respondo?

Simplemente dille: "Cando marches de aquí, xa o entenderás".

CAMI-MORRIÑA

Ficha Técnica

Composition
100% algodón
Densidade
165 g/m²
Tipo de punto
Punto liso
Estampaxe
DTF